facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFAL Ferrolterra celebra esta semana Os Maios nos seus centros de día

22/5/2018
  • Organiza festas para maiores e familias este xoves e venres e contará coa actuación estelar da formación Los Nostálgicos de Valdoviño.

No marco do programa “12 meses, 12 festas”, AFAL Ferrolterra celebra esta semana Os Maios. Farao cunha festa este xoves no Centro de Día Terapéutico da Rede Pública de Alzheimer en Ferrol (na antiga Casa do Mar) e, ó día seguinte, venres, no Centro de Día da asociación (rúa Río Castro, 43-45 baixo). A elas están convidadas os maiores, as familias e tamén o equipo de traballadores. Por esta razón, os usuarios de ambos centros levan semanas traballando nos talleres ocupacionais e de manualidades preparando a decoración que lucirán os centros.

A festa deste xoves comezará ás 16,15 horas, coa actuación estelar de Los Nostálgicos de Valdoviño, formación musical que colabora habitualmente con AFAL. Ademais do seu tradicional repertorio de boleros, traerán ó centro unha serie de cancións ensaiadas ex profeso coa temática dos Maios. Ás cinco comezará a merenda a base de bizcoitos e, sobre as cinco e media, maiores e familias poderán participar nun photocall ideado para esta cita. Así mesmo, as instalacións convertiranse nunha pequena galería con figuras feitas con flores e as familias recibirán como recordo pequenos ramilletes feitos polos maiores.

O venres, a celebración arrancará ás 16 h coa elaboración dunha alfombra floral entre maiores e familias. De seguido, terá lugar a merenda e, sobre as 17,45 h, comezará a actuación de Los Nostálgicos. O broche de ouro será o photocall, xa sobre as 18,30 horas.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar