facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFAL Ferrolterra celebra o Nadal con festas para maiores e familias nos seus centros de día

19/12/2017
  • O grupo Los Nostálgicos e o Coro da Universidade Sénior serán os encargados de poñer a nota musical ás celebracións.

AFAL celebrará esta semana as súas tradicionais festas de Nadal nos centros de día que xestiona na cidade de Ferrol. Festas nas que os grandes protagonistas serán as persoas afectadas e as súas familias. Xunto ó equipo de traballadores e traballadoras compartirán merenda, con produtos típicos destas datas como turróns, polvoróns e mazapáns; poderán gozar dunha actuación musical con baile incluído e inmortalizar o momento nun photocall especial de Nadal.

A primeira das festas terá lugar no Centro de Día da Rede Pública de Alzheimer este xoves, a partir das 16,15 horas e nela actuará o Coro da Universidade Sénior, cun programa no que non faltarán as panxoliñas. A segunda desenvolverase no Centro de Día da asociación –rúa Río Castro, 43-45 baixo-, o venres a partir das 17 horas e a actuación correrá a cargo do grupo Los Nostálgicos de Valdoviño cunha preciosa selección dos boleiros de toda a vida.

Nas dúas citas, os maiores de AFAL tamén cantarán algunhas panxoliñas ensaiadas previamente nos centros, e entregarán un recordo ás súas familias elaborado nos obradoiros de manualidades e ocupacionais.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar