facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFAL Ferrolterra celebra o aniversario dos seus centros de día con festas para os seus usuarios e familias

13/9/2018
  • O conxunto Los Nostálgicos e o grupo de baile tradicional da AVV de Lago, os dous de Valdoviño, porán a nota musical ás xornadas.

Os centros de día terapéuticos que xestiona AFAL en Ferrol están de aniversario e a asociación, segundo avanzou a súa presidenta, Ana María López, celebrarao de novo con senllas festas para usuarios/as, familiares e persoas coidadoras e equipo de traballadores/as. Así, no Centro de Día da Rede Pública de Alzheimer a gran familia de AFAL soprará oito velas este xoves, 13 de setembro, mentres que o Centro de Día da entidade, o primeiro de toda Galicia específico para persoas con alzheimer aberto por unha asociación, celebrará o seu undécimo aniversario.

O programa das dúas festas, incluídas nos actos organizados por AFAL para conmemorar o Día Mundial do Alzheimer, será similar, aínda que con diferentes horarios. No Centro da Rede Pública (antiga Casa do Mar) a festa arrincará sobre as 16 horas cun taller de manualidades no que os usuarios e usuarias de AFAL, xunto ás súas familias, realizarán un mural. A continuación, actuación estelar de Los Nostálgicos, formación musical de Valdoviño que interpreta como ninguén os boleros de toda a vida. A continuación haberá merenda e, para concluír, photocall baixo o lema do Día Mundial ideado por FAGAL: #NonMeEsquecerei.

Ao día seguinte, venres, a festa no centro da asociación (rúa Río Castro, 43-45 baixo Ferrol) empezará sobre as 16 h coa creación, como no caso anterior, dun mural e, ás 17 horas, celebrarase a merenda. Ás 17,30 horas terá lugar unha actuación moi especial por parte do grupo de baile tradicional da AVV de Lago, tamén de Valdoviño, integrado por nenos e nenas algúns de moi curta idade que, sen dúbida, farán as delicias dos asistentes. Baile e photocall pecharán a festa novamente.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar