facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFAL Ferrolterra incorpora a cinco novas traballadoras grazas aos programas de Cooperación da Xunta de Galicia

16/1/2018
  • A asociación recaba o apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria a través de 2 programas que sufragarán os custes salariais do novo persoal que permitirá reforzar a atención aos afectados.

A Secretaría Xeral de Emprego comunicaba hai poucos días a concesión de 2 novas liñas de axuda para os proxectos presentados polo departamento de administración de Afal Ferrolterra posibilitando deste xeito a incorporación dunha Terapeuta Ocupacional e unha coidadora a través dos programas de Garantía Xuvenil, contratacións de 9 meses de duración para mozos desempregados menores de 30 anos. Poucos días despois chegaba a resolución de concesión dunha segunda axuda a través da cal se posibilitaba a contratación de 3 novas coidadoras durante 12 meses.

Estas cinco novas contratacións, segundo explicou a presidenta de AFAL, Ana María López, permitirán mellorar e ampliar os Talleres de Estimulación Cognitiva que a asociación desenvolve nos seus centros de día.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar