facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFAL Ferrolterra organizou un Cinefórum no CPR Santiago Apóstol para achegar ós mozos e mozas á realidade do alzhéimer

10/1/2018
  • A asociación leva a cabo o programa en colaboración co Concello de Narón e invita ós centros educativos a sumarse ó proxecto acollendo a acción.

Estudantes de 2º curso de Educación Secundaria do Colexio Santiago Apóstol de Narón tomaron parte o luns no último proxecto de sensibilización promovido por AFAL Ferrolterra en colaboración co Concello: unha xornada de Videofórum. Unha actividade que comezaba no centro cunha pequena charla sobre alzhéimer e as diferentes capacidades cognitivas que se vén alteradas pola enfermidade (memoria, linguaxe, atención...).

A continuación, a técnica de AFAL Rebeca Freire examinaba co alumnado as dificultades que sofren estas persoas na súa vida diaria e como dende os Centros de Día se traballa para que se manteñan esas capacidades o máximo tempo posible. Posteriormente, procedeuse á proxección dunha película, “Siempre Alice”, na que se amosou ós estudantes mais detidamente o desenvolvemento da enfermidade, así como as súas fases, para despois facer un debate a través de diferentes preguntas que favoreceron a reflexión sobre os coidados que precisan as persoas afectadas.

Dende AFAL valorouse a implicación do CPR Santiago Apóstol na actividade e anímase ós centros educativos de Narón a sumarse ó proxecto, que impulsa en colaboración co Concello de Narón, solicitando a participación, completamente gratuíta, na asociación (r/Río Castro, 43-45 baixo Ferrol ou tlf 981 37 06 92). O obxectivo da mesma é achegar a nenos e mozos á realidade desta enfermidade.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar