AFAL Ferrolterra invita á cidadanía a colaborar coa asociación co seu Bingo Solidario

- Agradece o apoio do Casino Ferrolano, que cede as súas instalacións para o acto.
AFAL Ferrolterra invita á cidadanía a colaborar coa asociación e, ó mesmo tempo, pasar unha tarde de ocio en boa compañía. Así, proponlles participar na primeira edición do seu Bingo Solidario, unha iniciativa que terá lugar o próximo venres 24 de novembro nas instalacións do Casino Ferrolano. A presidenta de AFAL, Ana María López, agradece o apoio da entidade e anima a todo o mundo a reservar xa a súa entrada nas oficinas de AFAL (rúa Río Castro, 43-45 baixo Ferrol). O prezo é de 10 euros, e inclúe un cartón e unha consumición con pincho.
No transcurso do Bingo Solidario de AFAL, que dará comezo a partir das 20 horas, aqueles que canten liña ou bingo optarán a diversos agasallos. Un aliciente máis para tomar parte nesta iniciativa solidaria.