facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFAL Ferrolterra ofrece no Concello de Narón terapias para persoas afectadas de alzhéimer

7/2/2018
  • Os talleres, gratuítos para as persoas empadroadas grazas á colaboración do Concello, arrancaron esta mañá no local social de Piñeiros.
  • As persoas interesadas no servizo deben contactar co departamento municipal de Servizos Sociais de Narón ou coa asociación.

Os veciños e veciñas de Narón con alzheimer ou con outro tipo de demencia contan desde hoxe con terapias específicas no municipio para tentar retardar o avance da doenza. Os talleres, impartidos por AFAL Ferrolterra, arrancaban esta mañá no local social de Piñeiros. A iniciativa é posible grazas a un convenio de colaboración entre a asociación de familiares de enfermos de alzheimer e outras demencias de Ferrol e comarca e o Concello de Narón e, a través do mesmo, a participación dos naroneses e naronesas é gratuíta.

As terapias ofrécense os mércores e os venres de 11 a 13 horas e están dirixidas a persoas diagnosticadas nunha fase leve. Con elas búscase mellorar a calidade de vida das persoas con alzhéimer, e para iso trabállase con terapias de psicomotricidade e psicoestimulación, entre outras, estimulando a capacidade residual das persoas afectadas. Así mesmo, o proxecto procura dar un respiro ós seus coidadores.

As persoas interesadas en tomar parte na iniciativa deben contactar co departamento municipal de Servizos Sociais do Concello de Narón (primeiro andar da consistorial) ou ben con AFAL (nas oficinas da asociación ou no teléfono 981 37 06 92).

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar