facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFAL Ferrolterra convida á cidadanía a dar visibilidade ó alzhéimer a través da súa primeira Andaina Solidaria polas rúas de Ferrol

25/9/2018
  • A inscrición na iniciativa, que se celebrará este sábado, está aberta na asociación e na plataforma www.ranckr.com.

AFAL Ferrolterra pechará o mes de setembro coa primeira edición da súa Andaina Solidaria. Será este sábado, 29 de setembro, e con ela a asociación quere dar visibilidade ao alzheimer, ás persoas afectadas e ás súas familias. Por iso, convida a todo o mundo a sumarse á marcha, que partirá do Cantón de Molíns ás 12 horas para cubrir un itinerario ideado para persoas de todas as idades, nenos e maiores. A inscrición está aberta na asociación –rúa Río Castro, 43-45 baixo Ferrol- e tamén na plataforma www.rackr.com. A achega solidaria é de 5 euros para os maiores de 12 anos e gratis para os menores.

Será o último acto do programa de actividades desenvolvido este mes para conmemorar o Día Mundial do Alzheimer e inclúese no marco da xornada de sensibilización AFAL a pé de rúa, que a entidade organiza en colaboración co Concello de Ferrol e firmas patrocinadoras como Gadis e Coca Cola. Así, esa xornada a celebrar o sábado incluirá tamén o concerto estelar de Novo Plan, que actuará nada máis conclúa a Andaina, sobre as 13 horas, no palco da música do Cantón. Neste espazo tamén se instalarán mesas informativas durante todo o día, así como un mercadillo solidario con traballos de manualidades realizados polos maiores de AFAL.

Pola tarde, a partir das 16 horas e ata as 19 h, AFAL instalará o seu circuíto do alzheimer no que a cidadanía poderá poñerse na pel dunha persoa afectada a través de diferentes probas de actividades. Tamén ás 16 horas, a asociación realizará unha sesión de contacontos con monicreques para os máis pequenos da casa –nenos de 5 a 8 anos-, baseada no conto A avoa necesita besitos. Ao seu termo, sobre as 17,30 horas, os pequenos tamén poderán participar nunha actividade de terapia asistida con animais, que protagonizará a cadela de terapia Nala. Nun e outro caso, a participación é gratuíta, pero precísase de inscrición previa, xa que as prazas están limitadas a 25. Debe realizarse chamando ao teléfono 981 37 06 92.

E, rematando a tarde, máis actividades para nenos e nenas, como globoflexia ou pintacaras.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar