facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFAL Ferrolterra e En buenas manos estreitan a súa colaboración con descontos para os seus usuarios

13/2/2018
  • A presidenta da asociación, Ana María López, firmou esta mañá un convenio coa xerente da empresa, Marta de Araoz.

A presidenta de AFAL, Ana María López, e a xerente de “En buenas manos”, Marta de Araoz, suscribiron onte un convenio de colaboración entre ambas entidades que facilitará descontos ós socios, usuarios e traballadores dunha e doutra parte. Así, en concreto, as tarifas nos servizos reduciranse nun 10% o primeiro mes para as familias, socios e plantilla de AFAL, así como para aqueles novos usuarios de centro de día derivados de “En buenas manos”.

Ana María López destacou que con este acordo facilítanse as condicións de acceso a determinados servizos que poidan requerir os socios de AFAL ou os seus traballadores. Servizos que presta “En buenas manos” e que complementan a atención que ofrece AFAL. Entre eles, atención a persoas maiores e nenos no domicilio, dende servizo doméstico, acompañamento, a realización de recados e xestións, o aseo na vivenda ou as obras de adaptación nesta, ata outros máis xerais e puntuais como pode ser perruquería e estética a domicilio, podoloxía ou fisioterapia e estimulación cognitiva.

A presidenta de AFAL destacou o bo facer e solvencia de “En buenas manos”, empresa recomendada polo propio Hospital General Juan Cardona para axudar ao pacientes tanto nos seus ingresos hospitalarios como na súa volta ó fogar.

Pola súa banda, Marta de Araoz asegurou que este acordo reforza a relación de colaboración con AFAL e aporta un plus para aqueles clientes que a empresa xa viña derivando aos centros de día cando detectaba a necesidade.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar