facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFAL Ferrolterra entrega os diplomas ás alumnas do curso online formativo en materia de demencias organizado por FAGAL

5/10/2017
  • Na acción, que impulsou a Federación Alzheimer Galicia en colaboración con AFAL, tomaron parte coidadoras de persoas afectadas.
  • Rebeca, Mercedes e Tita, mulleres coidadoras de persoas con alzheimer e en situación de búsqueda de emprego, recibiron esta semana os diplomas que acreditan que superaron con éxito o Curso formativo en demencias e informática organizado pola Federación Alzhéimer Galicia coa colaboración de AFAL. Un curso que realizaron on line dende a aula de formación da asociación e co que se buscaba ofrecer un coñecemento específico en materia de alzhéimer e otras demencias e, á súa vez, brindar uns coñecementos básicos de informática a aquelas mulleres que contan cunha experiencia previa na atención a familiares con esta enfermidade, a fin de mellorar as súas oportunidades de emprego.

    A presidenta de AFAL, Ana María López, xunto á vicepresidenta, Montse López; a secretaria, Susana González, e a vogal Carmen Fernández, foi a encargada de entregar os diplomas ás alumnas na sede da asociación.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar