facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFAL Ferrolterra invita ós estudantes do CEIP A Solaina a poñerse na pel dunha persoa con alzhéimer co seu circuito de actividades

8/5/2018
  • A iniciativa celebrada esta mañá no centro buscaba concienciar ó alumnado sobre esta doenza e facerlles ver como se sinten as persoas afectadas.
  • As actividades contan co apoio do Concello de Narón.

AFAL Ferrolterra levou esta mañá o seu Circuito do Alzhéimer ó CEIP A Solaina, en Narón, no que participaron estudantes de 5º curso de Educación Primaria. A presidenta da entidade, Ana María López, explicou que esta actividade conta co apoio do Concello de Narón e está a disposición de todos os centros educativos do municipio. Un proxecto divulgativo para achegar a enfermidade de Alzheimer á comunidade escolar.

Esta mañá, as técnicas de AFAL impartiron unha charla informativa no colexio, acompañada de proxeccións e imaxes e, posteriormente, invitaron aos nenos e nenas a participar no Circuito do Alzhéimer de AFAL. A través do mesmo, os estudantes puideron facerse unha idea de como se sinte a persoa afectada pola enfermidade. O Circuito, que guían diferentes profesionais e voluntarias da entidade, consta de cinco estacións onde se propoñen diferentes probas, como tentar poñerse unha chaqueta con tres ou catro mangas; escribir sinxelos exercicios nun papel cun guante de boxeo; encestar unha pelota nunha canasta coas mans atadas ou subir uns pequenos escalóns con zapatos de paiaso. Unha forma de ver as dificultades que os afectados atopan en actos tan rutinarios do día a día debido ó deterioro ou perda de facultades. E unha efectiva fórmula de concienciación en torno ao alzhéimer que calou moi positivamente entre os escolares que participaron na actividade.

Nesta liña, Ana María López invita aos centros educativos de Narón interesados en acoller este circuito a facérllelo saber á entidade, a través do teléfono 981 37 06 92.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar