facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFAL Ferrolterra facilita prácticas formativas a alumnos do IES Leixa e CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro

2/10/2017
  • A asociación suscribiu sendos convenios de colaboración cos centros.

A presidenta de AFAL Ferrolterra, Ana María López, vén de suscribir sendos convenios de colaboración coa directora do IES Leixa, Ana María Roel, e CIFP Rodolfo Ucha, Fernando López. A través dos mesmos, a asociación facilitará prácticas formativas ós alumnos e alumnas de ambos centros educativos da cidade de Ferrol.

A primeira estudante iniciaba a súa etapa formativa a finais de setembro. Alumna do ciclo de FP Atención en situación de dependencia do IES Leixa, realizará 120 horas de prácticas no Centro de Día Terapéutico de AFAL, e que culminarán o 13 de outubro. Pola súa banda, outra estudante, neste caso do Rodolfo Ucha comezaba hoxe mesmo a formación nas instalacións da asociación. Neste caso, alumna do ciclo Administración de sistemas informáticos. Completará 384 horas ata o 15 de decembro.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar