facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFAL Ferrolterra imparte unha charla sobre o alzhéimer no Casino Ferrolano

30/4/2018
  • A cita celebrarase este venres, a partir das 19 h, con entrada libre.

AFAL Ferrolterra continúa co calendario de charlas informativas sobre o alzhéimer na cidade de Ferrol. Unha iniciativa que leva a cabo en colaboración coas diferentes asociacións de veciños, entidades e institucións da urbe naval. Tralo seu paso por Esmelle, Caranza, Ultramar e Canido, este venres é o turno da zona centro e, nesta ocasión, a ponencia celebrarase no Casino Ferrolano. Terá lugar a partir das 19 horas, con entrada libre.

Nesta liña, a presidenta de AFAL, Ana María López, puxo en valor a colaboración do Casino, presente tamén noutras iniciativas levadas a cabo pola asociación, como a primeira edición do seu Bingo Solidario. Unha cita que se reeditará ó longo do vindeiro mes.

Ademais, Ana María López animou á cidadanía a acudir este venres, 4 de maio, ás instalacións do Casino e seguir a charla que ofrecerá AFAL. Nesta ocasión, a directora asistencial e terapeuta ocupacional de AFAL, Noelia Ríos, e o director de administración, José Otero, serán os encargados de abordar a enfermidade e, tamén, os diferentes tratamentos non farmacolóxicos que ofrece a asociación nos seus centros de día para as persoas afectadas e os servizos que presta ás familias. Así mesmo, ó remate das súas exposicións abrirase un turno para que o público asistente traslade as súas dúbidas ou inquedanzas.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar