facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFAL Ferrolterra invita ós máis pequenos da casa a compartir o seu día cos maiores no Centro de Día da asociación

4/1/2018
  • A asociación celebrou un encontro interxeneracional no marco do programa “Nadal, tempo para compartir”.

AFAL Ferrolterra celebrou onte no seu Centro de Día Terapéutico a primeira xornada dun novo programa: “Nadal, tempo para compartir”. A través do mesmo, a asociación convidou ós fillos e fillas dos seus traballadores, así como ós netos e netas dos seus maiores, a pasar un día enteiro no centro e compartir cos seus usuarios diferentes actividades lúdicas. Un encontro interxeneracional do máis divertido e gratificante.

Dunha banda, os nenos, con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, puideron gozar da compañía dos maiores e, doutra, ver o traballo que se desenvolve nas instalacións. E, máis concretamente, o labor que realizan os seus pais. Así mesmo, os maiores afectados de alzheimer e outras demencias gozaron da presencia dos máis pequenos da casa, un auténtico revulsivo para eles.

A xornada foi un auténtico éxito. Comezaba sobre as once da mañá coa creación dun mural de Nadal. Maiores e pequenos pintaban e recortaban, para despois pegar, as pezas do nacemento. De seguido, e por equipos interxeneracionais, xogaban ós bolos na sala de usos múltiples. Logo chegaba o xantar. E, con máis enerxía que nunca, retomábanse os xogos: o baile da escoba, bailes con globos, “zapatito quieto é”… foron algunhas das actividades. Trala merenda, maiores e pequenos uníanse nunha sesión de cine con palomitas.

O programa repetirase hoxe no Centro de Día da Casa do Mar. E, en base ó éxito colleitado, a presidenta de AFAL, Ana María López, xa avanza a intención da asociación de continuar programando actividades similares ó longo do ano.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar