facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFAL Ferrolterra leva este xoves as súas mesas informativas ás rúas de Ferrol

20/9/2018
  • No marco dos actos del Día Mundial, traballadores e voluntarios informarán sobre o alzheimer e o labor da asociación de 10 a 14 h.

Traballadores/ as e voluntarios/ as de AFAL estarán detrás das mesas informativas que a asociación instalará este xoves, 20 de setembro, nalgunhas das principais rúas e barrios de Ferrol. Será de 10 a 14 horas e, os emprazamentos, entre outros, os seguintes: Casino Ferrolán, barrio de Canido, Cafetería Avenida, praza Portanova e Cantón de Molíns.

Con esta iniciativa AFAL busca achegar á sociedade a enfermidade e o labor que desenvolve a favor das persoas afectadas de alzheimer e das súas familias, á vez que solicita a colaboración económica da cidadanía para poder continuar desenvolvendo a súa actividade. Unha acción que se inclúe no programa de actividades deseñado por AFAL para conmemorar o Día Mundial do Alzheimer baixo o lema #NonMeEsquecerei.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar