facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFAL Ferrolterra leva as súas mesas informativas a centros comerciais e hospitais

14/9/2018
  • A asociación estará mañá en Parque Ferrol e HíperFroiz do Alto do Castaño, namentras que o luns acudirá ó Complexo Hospitalario Universitario Arquitecto Marcide e Hospital Naval.

AFAL Ferrolterra volve saír á rúa para informar á cidadanía sobre o alzheimer, dar a coñecer os servizos que a entidade presta a enfermos e familiares e, ao mesmo tempo, solicitar a súa colaboración económica para continuar co labor desenvolvido. Para iso, a presidenta da asociación, Ana María López, informou de que AFAL instalará mañá sábado, 15 de setembro, mesas informativas e de cuestación en Parque Ferrol e HíperFroiz do Alto do Castaño e, o vindeiro luns, 17 de setembro, acudirá con elas ao Complexo Hospitalario Universitario Arquitecto Marcide e ao Hospital Naval. En ambos os casos, equipo de traballadores/as e voluntarios/as permanecerán de 10 a 14 horas.

Esta iniciativa enmárcase no programa de actividades deseñado por AFAL Ferrolterra para conmemorar, o próximo 21 de setembro, o Día Mundial do Alzheimer. Neste sentido, Ana María López explicou que AFAL concentra os seus esforzos en visibilizar a enfermidade e conseguir que o alzhéimer estea na vida cotiá da cidadanía durante todo o mes de setembro a través das actividades previstas, máis aló de limitarse a unha única xornada. Así mesmo, agradeceu o esforzo de traballadores/as e voluntarios/as para facer posible accións como esta, así como a colaboración tanto das superficies comerciais como da Xerencia da área Sanitaria.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar