facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFAL Ferrolterra organiza este venres o seu primeiro Bingo Solidario no Casino Ferrolano

23/11/2017
  • Numerosos establecementos, entidades e profesionais colaboran coa cita.

AFAL Ferrolterra organiza mañá venres, 24 de novembro, a primeira edición do seu Bingo Solidario. O evento desenvolverase no Casino Ferrolano, grazas á implicación da entidade, a partir das 20 horas. Así, aqueles que desexen colaborar coa asociación e pasar unha velada divertida poden adquirir as súas entradas alí mesmo ou ben de forma anticipada nas oficinas de AFAL (rúa Río Castro, 43-45 baixo Ferrol). O prezo é de 10 euros e inclúe un cartón e unha consumición con pincho.

No transcurso do Bingo Solidario de AFAL, aqueles que canten liña ou bingo optarán a diversos agasallos. Un aliciente máis para tomar parte nesta iniciativa solidaria.

Ó respecto, a presidenta de AFAL, Ana María López, quere agradecer a colaboración de numerosos establecementos, entidades e profesionais, que cederon agasallos para a cita. Entre eles, o Hotel Carrís Almirante; Joyería Jenaro; Casa Amador; Librería Estraviz; Supercor; o Centro Comercial Aberto A Magdalena; Perfumería Ana, e os fotógrafos Ángel Manso, César Toimil, Daniel Alexandre Espada, José Pardo, Kiko Delgado e Tomás Morado.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar