facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFAL Ferrolterra organiza festas de disfraces para os maiores dos seus Centros de Día de Ferrol

14/2/2018
  • A asociación propón esta semanas sendas xornadas con baile, merenda e diversión nas instalacións de Río Castro e na antiga Casa do Mar.
  • O grupo de bailes de salón de Vilaboa e Los Nostálgicos, actuacións estelares.

O Entroido chega esta semana ós Centros de Día xestionados por AFAL na cidade naval. Así, a asociación prepara as súas tradicionais festas de disfraces para os maiores que cada día acoden ás súas instalacións para asistir a terapias e obradoiros que buscan un obxectivo claro: mellorar a súa calidade de vida retardando a progresión da súa enfermidade e, ó mesmo tempo, ofrecer apoio e o tan necesario respiro familiar ós seus coidadores.

Deste xeito, mañá xoves, 15 de febreiro, AFAL celebrará o Entroido no Centro de Día da Rede Pública de Alzheimer, ubicado na antiga Casa do Mar. Alí, a partir das 16 horas, o equipo organizará un divertido festival de disfraces no que participarán os fillos dos traballadores e, tamén, os netos dos maiores. Tamén haberá baile e música e a actuación estelar do grupo Los Nostálgicos de Valdoviño. Así mesmo, para repor forzas, os usuarios poderán degustar unha rica merenda con postres típicos da data. Á celebración están convidados todos os familiares dos maiores.

Ó día seguinte, venres 16, e cunha animada festa infantil na que tomarán parte os maiores e os seus familiares máis novos, así como os fillos e fillas do equipo de AFAL, dará comezo a festa de Entroido no Centro de Día Terapéutico da asociación (rúa Río Castro, 43-45 baixo Ferrol). De seguido, terá lugar a merenda, a base de freixós, orellas e torrixas e, tras esta, pequenos e maiores poderán disfrutar de doble actuación. Dunha banda, a do grupo de bailes de salón de Vilaboa, na que participarán unha decea de nenos e nenas de entre 7 e 15 anos, e tamén do concerto do acordeonista Iker Villaverde, traballador de AFAL, que amenizará o baile posterior.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar