facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFAL Ferrolterra súmase ó movemento global #GivingTuesday, un día adicado a dar e colaborar con causas sociais

28/11/2017
  • A asociación presenta o seu proxecto “Alzheimer. Compromiso Solidario contra o Esquecemento”, co que busca voluntarios e voluntarias.

AFAL Ferrolterra sumouse ó movemento global #GivingTuesday, un día mundial adicado a dar e colaborar con causas sociais. Este 2017 celébrase hoxe, 28 de novembro.

Así, usando o hashtag #GivingTuesday como instrumento para difundir esta idea nas redes sociais, búscase mobilizar a todos os cidadáns, familias, organizacións e empresas para que contribúan neste día mundial da donación, co obxectivo final de expandir a solidaridade os 365 días do ano.

AFAL uniuse presentando o proxeccto “Alzheimer. Compromiso solidario contra o esquecemento”, a través do cal invítase á cidadanía a facerse voluntario da entidade (http://givingtuesday.es/projects/alzheimer-compromiso-solidario-contra-e...).

Para iso, a asociación ofrece tres programas: atención directa a persoas afectadas de alzhéimer e outras demencias, con intervencións nos centros de día e servizo de transporte adaptado; captación de socios e obtención de recursos, con implicación nas campañas que desenvolve ó longo do ano, e divulgación e sensibilización, a través das cales achega a enfermidade e a súa labor á sociedade.

Deste xeito, AFAL tense convertido na primeira asociación de familiares de enfermos de alzheimer de toda España en formar parte deste movemento global. E hoxe, pola mañá, informaba do mesmo e do programa presentado na praza de España, fronte ó centro de saúde Fontenla Maristany, e a través de varias charlas informativas entre o alumnado da Facultade de Ciencias do Traballo.

Dende 2015 en España

A idea do #GivingTuesday xurdiu da ONG 92Y Street de Estados Unidos, adicada durante máis de 100 anos ás obras sociais, e da Fundación das Nacións Unidas, que aportou a súa experiencia na estratexia e a difusión de proxectos solidarios.

En 2012 creouse en EEUU o movemento chamado #GivingTuesday (martes para dar) como alternativa ós días previos, coñecidos como Black Friday e Cyber Monday, que promoven as compras antes do Nadal. Na súa primeira edición, miles de organizacións e persoas uníronse para colaborar en accións solidarias.

En 2014 #GivingTuesday medrou e expandiuse a outros países (Canadá, Australia, Singapur), comezando a converterse nun movimento global. E naceu a súa versión en español, Un Día Para Dar, nos países de lingua castelá. Consolidouse a nivel mundial en 2015, ano no que chegou tamén a España.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar