facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFAL Ferrolterra organiza para familias e coidadores a xornada “Mobilización, traslado e deambulación. Úlceras por presión”

26/4/2018
  • Con participación libre, requírese de inscrición previa na asociación.

AFAL Ferrolterra promove a xornada “Mobilización, traslado e deambulación. Úlceras por presión”. Dirixida a familiares e coidadores de persoas afectadas de alzhéimer, a participación é gratuíta, aínda que se require de inscrición previa. Para iso, é preciso anotarse nas oficinas de AFAL (r/Río Castro, 43-45 baixo Ferrol) ou chamar ó teléfono 981 37 06 92. O prazo estará aberto ata o 30 de abril e a xornada desenvolverase o xoves 3 de maio, de 17 a 18,30 horas. Será a logopeda Mónica Permuy a encargada de guiar a sesión, que conta coa colaboración de Ilunión.

Entre outros contidos, a técnica de AFAL abordará aquelas patoloxías máis frecuentes do sistema óseo, muscular e articular; as posicións anatómicas e a correcta realización de determinadas posturas para evitar lesións. Tamén, técnicas de mobilización, traslado e deambulación, a prevención de caídas e accidentes ou aquelas axudas técnicas disponibles. Así mesmo, prestarase especial atención ás úlceras por presión, áreas de pel lesionada por permanecer nunha mesma posición durante un tempo excesivo, así como a súa evolución, os factores de risco, causas externas e medidas de prevención.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar