facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFAL impartirá os obradoiros de musicoterapia para persoas maiores de 55 anos organizados polo Concello de Valdoviño

2/11/2018
  • As sesións celebraranse semanalmente en Meirás, Pantín, Sequeiro e Vilaboa e o prazo de inscrición xa está aberto.

Baixo o título «Ponlle ritmo á vida!», o Concello de Valdoviño retoma os obradoiros de musicoterapia para persoas maiores de 55 anos. E farao confiando novamente en AFAL para impartir a actividade. Así, celebraranse sesións cada semana nas diferentes parroquias. En concreto, a Meirás, Pantín, Sequeiro e Vilaboa. Nesta liña, a Concellería de Servizos Sociais vén de abrir o prazo de inscrición no programa, con custe cero para as persoas participantes.

As prazas son limitadas e para anotarse é preciso formalizar a solicitude no departamento municipal de Servizos Sociais, de forma presencial –pranta baixa do consistorio- ou chamando ó teléfono 981 48 70 41 ext.5. A actividade arrancará a vindeira semana. Os luns celebrarase ás 16 horas en Meirás e ás 18 horas en Sequeiro; os martes, ás 18 horas, en Pantín e, os mércores, ás 16 horas, será o turno de Sequeiro.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar