facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFALU inaugura o curso "Atención sociosanitaria a persoas en domicilio"

7/11/2017

A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Lugo, AFALU, inaugurou onte o curso "Atención sociosanitaria a persoas en domicilio", acción formativa incluída dentro dos cursos AFD da Xunta de Galicia, que conta con certificado de profesionalidade.

A inauguración contou coa presenza do Xefe Territorial da Consellería de Política Social de Lugo, Alberto Linares, que destacou a importancia desta titulación ao aumentarse o número de horas de SAD, realizado recentemente pola Consellería. Ademais, no acto estiveron presentes o Director dos Centros de Día de AFALU, Valentín Calvín, e a Coordinadora das Unidades Terapéuticas da asociación, Iria Franco.

O curso, que continuará ata o próximo mes de abril, conta con máis de 600 horas divididas nunha parte teórica e unha parte práctica con usuarios.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar