facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFALU instala mesas informativas para informar á poboación sobre o alzhéimer

14/2/2018

Hoxe 14 de febreiro, día de San Valentín, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Lugo, AFALU, saíu á rúa para facilitar información sobre o alzhéimer á poboación lucense, dentro da súa campaña de sensibilización.

Así, membros da asociación instalaron dúas mesas informativas na Praza Maior e no Edificio Multiusos da Xunta, en Lugo, onde as persoas interesadas tamén puideron solicitar datos sobre o traballo que fai AFALU nos seus centros de Lugo, destinado a mellorar a calidade de vida das persoas con alzhéimer e das súas familias.

Ademais, a asociación tamén obsequiou a todas aquelas persoas que se achegaron a informarse cunhas rosas violetas elaboradas polos seus usuarios durante os talleres de laborterapia.

Festa de Entroido

AFALU aproveitou estes días para celebrar as festas de Entroido nos seus Centros de Día da Rede Pública de Lugo e Ourense, así como na Unidade Terapéutica da capital lucense. Ademais, os usuarios gozaron de dous talleres de cociña, onde realizaron as típicas orellas desta época.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar