facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFALU: O Director do Centro de Día de AFALU, participará nunha mesa redonda do Sergas dentro da Semana Europea da Calidade

6/11/2014

Valentín Calvín Fondevila, Director do Centro de Día de AFALU, participará nunha mesa redonda do Sergas dentro da Semana Europea da Calidade , luns 10 de novembro ás 19:00 en Santiago de Compostela

A mesa, que se titula "Ferramentas e procedimentos para a disminución da Infección" será moderada por Dona Margarita Cueto Baelo, Presidenta da Sociedade Galega de Mediciña Preventiva e Saúde Pública.

Na mesma participarán:
Dona Berta Uriel Latorre que expondrá sobre a Norma UNE 179006 Sistema para a vixilancia, prevención e control das infeccións relacionadas coa atención sanitaria nos hospitais.

Dona María Adelina Fernández García, xefa do Servizo de Mediciña Preventiva do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e Membro da Xunta Directiva da Sociedade Galega de Mediciña Preventiva e Saúde Pública, que falará sobre A Hixiene de Mans e enfermería.

Dona Iria González Rivera, Facultativo Especialista Pediatría, Unidade de Coidados Intensivos Pediatría. Hospital A Coruña. EOXI A Coruña, que presentará a Adaptación dos Proxectos Bacteriemia Zero e Neumonía Zero a unha UCI Pediátrica

E Don Valentín Calvín Fondevila, Director do centro de día de AFALU - Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e Outras Demencias de Lugo, que tratará o tema dos pacientes como cómprices: Os pacientes aprenden, os pacientes enseñan. Hixiene de Mans.

Máis información:

http://www.sergas.es/docs/EGSPC/folletos/2014_Programa_Semana_Europea_Ca...

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar