facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFAMO conmemorou o Día Mundial do Alzheimer coa súa "Xuntanza na memoria"

24/9/2018

A Asociación de Familiares de Persoas con Alzheimer do Morrazo, AFAMO, conmemorou onte o Día Mundial do Alzheimer coa celebración dunha nova edición da súa "Xuntanza na memoria", que reuniu na Carballeira de San Martiño, no Concello de Moaña, a familiares, traballadores e usuarios da asociación que gozaron dun día cheo de actividades para reivindicar unha maior conciencia social da enfermidade.

A xornada comezou cos tradicionais discursos institucionais por parte da Alcaldesa da localidade, Leticia Santos; a Deputada Provincial, Digna Rivas; o Presidente da Federación Alzhéimer Galicia, Juan Carlos Rodríguez; e a Presidenta de AFAMO, Fina Cancelas.

Despois deste apartado máis protocolario, chegou o turno da obra de teatro "Ao pé da lareira", escrita polo gaiteiro Xavier Blanco e interpretada por usuarios da asociación e coidadores. Tras a obra, foi o momento do xantar, momento de respiro antes do resto de actividades que se esperaba para a tarde, coa actuación do coro "Ondas da ría", pezas de humor a cargo da Asociación de Mulleres de Moaña e a actuación do grupo musical Comboio Novo.

Imaxes:Concello de Moaña

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar