facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFAOR conmemorou o Día Mundial do Alzheimer con mesas informativas na cidade de Ourense

27/9/2018

O pasado 21 de Setembro, con motivo do Día Mundial do Alzheimer, AFAOR instalou diversas mesas informativas na cidade de Ourense para facilitar información sobre o alzhéimer e o traballo que desenvolve a entidade no seu centro da capital ourensá así como noutros puntos da provincia.

Estas mesas estiveron instaladas no barrio do Couto, no barrio de Barrocans, no CHUO (Complexo Hospitalario Universitario de Ourense) e na Rúa do Paseo en horario de mañá, excepto esta última que ofreceu información tamén pola tarde. Durante a xornada, foron os voluntarios, traballadores e xunta directiva de AFAOR os encargados de facilitar e achegar á poboación ourensá información sobre esta patoloxía.

Ademais, con motivo do Día Mundial do Alzheimer, o Concello de Ourense iluminou de cor violeta a Ponte Romana, para mostrar o seu apoio a todas aquelas persoas afectadas polo alzhéimer e as súas familias.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar