facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFAPO galardoada nos XII Premios Pontevedreses do Diario de Pontevedra

11/5/2018

A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias de Pontevedra, AFAPO, foi galardoada nos XII Premios Pontevedreses, os recoñecementos que Diario de Pontevedra entrega cada ano a persoas e entidades destacadas da cidade. A gala de entrega de galardóns terá lugar o xoves 7 de xuño no Auditorio de Afundación e estará presidida pola máxima responsable do Grupo O Progreso, Branca García Montenegro, e o xefe do executivo galego, Alberto Núñez Feijóo.

AFAPO foi recoñecida na categoría de Labor Social, destacando o xurado o traballo que a asociación realiza na cidade de Pontevedra a través do seu centro de día e das actividades que realiza na súa sede.

O xurado fallou os galardóns por unanimidade e estivo conformado polo conselleiro executivo de Diario de Pontevedra, Antonio de Cora; o director do xornal, Miguel Ángel Rodríguez; o director adxunto, Pedro Pérez; a directora territorial de Abanca, María del Carmen Fernández; o arquitecto César Portela e o vicerreitor en funcións do Campus de Pontevedra, Juan Manuel Corbacho.

Fonte: Diario de Pontevedra

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar