facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFAPO organiza no Liceo Casino de Pontevedra a súa XIII Cea Benéfica

9/8/2017

A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Pontevedra, AFAPO, organiza a súa XIII Cea Benéfica, que terá lugar o vindeiro 25 de agosto no Liceo Casino de Pontevedra, na súa sede da Caeira.

Este evento que organiza cada ano a asociación servirá para recadar fondos para poñer en marcha novos programas de atención a persoas con alzhéimer e outras demencias na súa sede de Pontevedra.

A cea comezará ás 21:30h, cun menú elaborado por El Cafetín, e contará coa actuación do Trío Rever e de Adrían Esperón e Patricia Martínez, campeóns de España de Baile Standar e 10 Bailes.

As entradas xa están á venda na sede de AFAPO, na rúa Curtidoira nº3, e no Liceo Casino, situado na rúa Manuel Quiroga,21, en Pontevedra. O prezo das entradas é de 25 euros.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar