facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFAPO pon en marcha en Poio o proxecto “Prevención e Promoción da saúde"

18/7/2017

A Asociación de familiares e enfermos de Alzheimer e outras demencias de Pontevedra (AFAPO), dentro do Plan de Responsabilidade Social de ENCE, pon en marcha o Proxecto “Prevención e Promoción da saúde" en colaboración coa asociación de veciños O Pereiro de Poio. Este proxecto ten como finalidade fomentar a estimulación da memoria a través de obradoiros, saídas culturais e de ocio e a práctica e coñecemento da horticultura.

O presidente de AFAPO, José Manuel Fontenla Redondo, xunto con Pilar Amaro, membro da xunta directiva da asociación, inauguraron os obradoiros de estimulación cognitiva que poñen en marcha o proxecto, coa participación de cinco usuarias, e que son impartidos na sede da asociación de veciños O Pereiro, no Concello de Poio.

Os obxetivos xerais que perseguen estas actividades son a mellora da calidade de vida dos participantes, así como crear conciencia na población da importancia de levar unha vida activa para evitar, na medida do posible, a aparición de enfermidades neurodexenerativas. De xeito máis específico, o obxectivo é activar as funcións neuronais a través de actividades de estimulación cognitiva e física, ó mesmo tempo que se fomenta a mellora das relacións sociais e se promove a creación de espazos de encontro e intercambio de experiencias. Todo isto, encamiñado a potenciar a independencia de cada persoa.

Estas actividades levaranse a cabo ó longo deste ano 2017, finalizando o vindeiro 15 de decembro.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar