facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFAPO presentou o libro "Recetas para el Recuerdo" na residencia Soremay

4/5/2018

O presidente da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Pontevedra (AFAPO), José Manuel Fontenla, presentou na residencia da terceira idade Soremay o libro “Recetas para el Recuerdo”.

Alí explicou o obxectivo do proxecto posto en marcha entre as Asociacións de Alzhémer e a empresa Azafranes Pote, que é recadar fondos para as asociacións participantes neste traballo a través da venda do recetario, que pretende recuperar, a través de persoas con alzhéimer, receitas tradicionais en proceso de esquecemento.

O libro pode mercarse no centro de día da asociación, en Pontevedra, ou na web www.recetasparaelrecuerdo.com

Proxección de Arrugas no Colexio Sagrado Corazón

Por outra banda, a entidade pontevedresa acudiu a pasada semana ó Colexio Sagrado Corazón de Xesús de Pontevedra para participar na súa semana solidaria, “Sagrado +”. Este evento, que realizan desde fai tres anos, trata de exteriorizar dunha maneira festiva e educativa o principal obxectivo educativo do Centro que é “Educar homes e mulleres para os demais”.

A contribución de AFAPO foi achegar aos alumnos/as a realidade da enfermidade de Alzheimer a través dun Cineforum coa proxección da película “Arrugas”.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar