facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFASAL celebra este sábado a V Gala Anual "Os sons da música"

10/4/2018

A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer do Salnés, AFASAL, celebra este venres a V edición da súa gala anual "Os sons da música". Este evento, que se celebrará no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa ás 21h, reunirá no escenario a un gran número de músicos nunha gala conducida por Diego Alcaine.

A gala contará coa presenza do pianista Alfonso Galbán, dos dúos Marieta e Alberto Estévez e Anna Jarque e Montse Gómez, e do guitarrista José L. Sanz. Ademais, os asistentes poderán gozar das actuacións do cuarteto "Chalumiaux", o conxunto "Two Bone", o grupo de cámara "Cadenza" e o orfeón de voces graves "Arousa".

O evento, que se celebra por quinto ano, ten como obxectivo recadar fondos para o desenvolvemento das actividades que AFASAL realiza na súa sede do concello arousán, destinadas a mellorar a calidade de vida das persoas con alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas.

As entradas teñen un prezo de 5 euros e poranse á venda este venres na billeteira do Auditorio (de 10 a 13h e de 17 a 20h), así como o mesmo día da gala a partir das 18h.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar