facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFASAL celebrou o seu décimo aniversario cunha xornada de portas abertas

9/4/2018

A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer do Salnés, AFASAL, celebra este ano o décimo aniversario da súa fundación. Así, a asociación celebrou o pasado venres unha xornada de portas abertas, para amosar o traballo que levan realizando desde hai dez anos na comarca do Salnés nas súas instalacións de Vilagarcía de Arousa.

A presidenta da asociación, Ana Granja, foi a encargada de recibir aos asistentes e de amosar as instalacións nas que se desenvolven os obradoiros para as persoas con alzhéimer da comarca. A este acto asistiron o Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña; a Concelleira de Servizos Sociais de Vilagarcía, Tania García; a Diputada provincial, Digna Rivas; e o Presidente da Federación Alzhéimer Galicia, Juan Carlos Rodríguez Bernárdez.

Para finalizar a xornada, celebrouse un aperitivo servido polos alumnos da especialidade de cociña e restaurante-bar do Obradoiro de Emprego Hostalaría do Salnés.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar