facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AGADEA amplía os seus servizos ofrecendo Obradoiros de Estimulación Terapéutica no Concello de Teo

14/3/2019
  • A concellería de Servizos Sociais de Teo porá en marcha, a partir de hoxe o Servizo de Estimulación Terapéutica para todos os veciños e veciñas do concello.
  • Este servizo estará atendido por profesionais da nosa asociación AGADEA e nel levaranse a cabo as terapias que tan bos resultados están logrando noutros puntos, como Santiago, Ribeira, A Estrada e Vedra.

SERVIZO DE ESTIMULACIÓN TERAPÉUTICA

A partir de hoxe terán lugar os obradoiros de estimulación cognifiva destinados a persoas que presentan algún tipo de demencia ou deterioro cognitivo leve ou moderado. A través de exercicios de orientación temporal, espacial e persoal, actividades de esmulación psicomotriz, cálculo matemático ou práctica la linguaxe, entre outras, facilitarase o cumplimento do obxectivo fundamental dos obradoiros, preservar as habilidades cognitivas e motoras o maior tempo posible asegurando así unha mellora da calidade de vida das persoas usuarias.

Os obradoiros terán lugar tódolos martes e xoves en horario de 16.00h a 19.00h na Casa Común de Cacheiras.

MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓN:
Servizos Sociais de Teo (981 809 707 / servizossociais@teo.gal) ou
AGADEA (981 595 738 / agadea@agadea.org)

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar