AGADEA pon en marcha unha campaña de sensibilización en demencias nas farmacias

A Asociación Galega de Axuda aos Enfermos de Alzheimer e outras Demencias Neurodexenerativas (AGADEA) puxo en marcha a pasada semana unha campaña de sensibilización sobre as demencias en colaboración con farmacias dos concellos onde traballa na actualidade.
A campaña de sensibilización consistiu na elaboración de árbores de Nadal por parte dos seus usuarios, posteriormente colocados en cada farmacia colaboradora xunto con diversa información sobre a asociación e o alzhéimer. Nesta campaña participaron máis de 20 farmacias de Santiago de Compostela, A Estrada, Ribeira, Vedra e Boqueixón.
Os obxectivos desta campaña de sensibilización son facer partícipes ás persoas usuarias de AGADEA na comunidade e mellorar a súa autoestima, así como sensibilizar á poboación en xeral sobre a enfermidade de Alzheimer. Ademais, AGADEA quere dar a coñecer os Servizos de Estimulación Terapéutica que na actualidade realiza nos centros das localidades onde traballa.