facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AGADEA organiza o II Curso Superior de Atención Especializada na Enfermidade de Alzheimer e outras Demencias Neurodexenerativas

5/10/2017

AGADEA pon en marcha a segunda edición do “Curso Superior de Atención Especializada na Enfermidade de Alzheimer e Outras Demencias Neurodexenerativas”, que comezará o vindeiro 30 de outubro e que se desenvolverá na sede da asociación, en Santiago de Compostela.

Este curso está dirixido a profesionais e a estudantes do sector sociosanitario, e ten unha duración de 150 horas teóricas e 120 horas prácticas. Ademais, aquelas persoas interesadas terán a posibilidade de facer o curso completo ou realizar o curso por módulos. Por outra banda, as prácticas poderanse realizar nas diferentes localizacións onde a asociación traballa: Santiago de Compostela, Ribeira e A Estrada.

Esta actividade formativa, que conta co certificado de Interese Sanitario, realizarase desde o 30 de outubro ata o 1 de decembro. O prazo de inscrición para as persoas interesadas en realizar a formación completa está aberto ata o 25 de outubro, no correo electrónico curso@agadea.org ou no teléfono 647 589 725.

Adxuntos

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar