facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

A Agrupación Amizades ofrecerá mañá no Auditorio Afundación un concerto a beneficio de AFACO

13/9/2018
  • A actuación enmárcase dentro da programación do Día Mundial do Alzheimer, que será o vindeiro venres 21 de setembro.

A agrupación Amizades volverá ofrecer unha actuación a beneficio da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias da Coruña (AFACO) con motivo da celebración do Día Mundial do Alzheimer. O concerto celebrarase este venres 14 de setembro no auditorio da sede Afundación, situada no Cantón Grande da Coruña.

Durante o concerto, Amizades animará ao público cun amplo repertorio de obras folclóricas, baladas, boleros e versións de composicións de grandes artistas con arranxos particulares.

A entrada, que ten un custo de 10 euros, poderase adquirir a través de Ataquilla. Ademais os que desexen poderán realizar achegas económicas a través da fila 0: ES98 2080 0000 7530 4016 232.