facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Andaina Solidaria, concerto de Nuevo Plan, Circuito do Alzheimer… este sábado na xornada AFAL a pé de rúa

28/9/2018
  • O Cantón de Molíns de Ferrol será epicentro de todas as actividades, que tamén incluirán un mercadillo solidario, contacontos para nenos, demostración de terapias ou mesas informativas.

Baixo o lema AFAL a pé de rúa, a asociación organiza mañá sábado, 29 de setembro, unha xornada de sensibilización sobre o alzheimer que porá o broche de ouro á programación de actos deseñada este ano para conmemorar o Día Mundial do Alzheimer. Unha xornada que conta coa colaboración do Concello de Ferrol e que se desenvolverá no Cantón de Molíns. Arrincará ás 10 horas coa apertura do Mercadillo Solidario, que reunirá traballos de manualidades elaborados polos maiores de AFAL nos seus centros de día terapéuticos, e dos stands informativos, nos que o equipo da asociación dará a coñecer o labor da entidade e o día a día dos centros. Ás 11 horas, os participantes na I Andaina Solidaria do Alzheimer poderán comezar a retirar os seus dorsais para iniciar a marcha ás 12 horas. Desde AFAL quérese agradecer especialmente a colaboración brindada pola Policía Local e Protección Civil, que guiarán o itinerario, con parada no Centro de Día da Rede Pública de Alzheimer –antiga Casa do Mar-. Alí realizarase unha solta de globos e procederase á lectura dun manifesto.

De regreso ao Cantón de Molíns, a Andaina, coa que colabora Gadis, concluirá sobre as 13 horas ao grande, con concerto do grupo ferrolán Nuevo Plan.

Xa pola tarde, a partir das 16 horas e ata as 19 h, AFAL instalará o seu circuíto do alzheimer no que a cidadanía poderá poñerse na pel dunha persoa afectada a través de diferentes probas de actividades. Tamén ás 16 horas, a asociación realizará unha sesión de contacontos con monicreques para os máis pequenos da casa –nenos de 5 a 8 anos-, baseada no conto La abuela necesita besitos. Ao seu termo, sobre as 17,30 horas, os pequenos tamén poderán participar nunha actividade de terapia asistida con animais, que protagonizará a cadela de terapia Nala. E, rematando a tarde, máis actividades para nenos e nenas, como globoflexia ou pintacaras.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar