facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Arranca o Curso de Coidador Sociosanitario de Persoas Dependentes de AFAL Ferrolterra

14/11/2017
  • Tralo éxito da convocatoria, a asociación reeditará a acción formativa nos vindeiros meses para dar resposta á lista de espera.

Un total de 25 persoas iniciaron onte o Curso de Cuidador Sociosanitario de Personas Dependientes que promove a asociación. O éxito da convocatoria obrigou á asociación a crear unha lista de espera, co que a presidenta, Ana María López, xa avanzou que a acción formativa reeditarase nos vindeiros meses.

O curso está declarado de interese sociosanitario polo Sergas e acreditado tamén pola Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía. De 30 horas de duración, inclúe prácticas nos centros de día xestionados por AFAL.

A través do mesmo, búscase dotar ós coidadores da información, coñecementos e habilidades necesarias para desenvolver de forma eficaz o seu papel. E, para iso, está impartido por un equipo multidisciplinar integrado por especialistas en logopedia, psicoloxía, educación social, terapia ocupacional, pedagoxía ou traballo social. Consta de dous módulos formativos e celebrarase ata o 24 de novembro.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar