facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Arrancan nas parroquias de Valdoviño os obradoiros gratuítos de musicoterapia para persoas maiores de 55 anos impartidos por AFAL

6/11/2018
  • As sesións, que organiza o Concello e imparte AFAL, comezaron onte en Meirás e Sequeiro, esta tarde faranno en Pantín e este mércores en Vilaboa.

Os obradoiros de musicoterapia para persoas maiores de 55 anos que organiza o Concello nas diferentes parroquias do municipio arrancaban no día de onte en Meirás e Sequeiro. Nesta primeira xornada desprazábase ata os respectivos locais sociais o alcalde, Alberto González, acompañado da concelleira de Cultura, Rosana García, e o director de AFAL, José María Otero. Todos eles coincidían en animar á veciñanza a tomar parte na iniciativa e lembraban que a inscrición continúa aberta no departamento municipal de Servizos Sociais –pranta baixa do consistorio- ou chamando ó teléfono 981 48 70 41 ext.5. Os obradoiros comezarán esta tarde en Pantín e, mañá mércores, en Vilaboa.

A participación é gratuíta e o programa prolongarase ó longo do curso, impartido por AFAL –Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ferrol e comarca-. Os luns celebrarase ás 16 horas en Meirás e ás 18 horas en Sequeiro; os martes, ás 18 horas, en Pantín e, os mércores, ás 16 horas, será o turno de Sequeiro.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar