facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

A asociación de veciños de Caranza convírtese en socia colaboradora de AFAL Ferrolterra

6/2/2018
  • A entidade veciñal súmase así á campaña “Eu colaboro” co ánimo de aportar o seu graniño de area na loita contra o alzhéimer.

A asociación de veciños Cuco Ruiz de Cortázar de Caranza convertíase a pasada semana en socia colaboradora de AFAL Ferrolterra. A entidade veciñal sumábase así á campaña “Eu colaboro” que poñía en marcha recentemente a asociación de familiares de enfermos de alzhéimer e outras demencias para aumentar a súa xa gran familia.

Segundo explicaba a presidenta da AVV, María del Pilar Rodríguez Venancio, a intención “é aportar o noso graniño de area na loita contra o alzhéimer, reforzando os lazos que nos unen con AFAL”. Pola súa banda, a presidenta da asociación, Ana María López, agradeceu o xesto que, segundo apuntou, “partiu da propia asociación de veciños, algo que os honra xa que nin sequera fixo falta pedirllo”. Así mesmo, quixo agradecer a colaboración ofrecida dende sempre en canta actividade se lle require.

Precisamente, e aproveitando a celebración dunha charla informativa sobre o alzhéimer no salón de actos do centro cívico de Caranza, Ana María López entregaba a María del Pilar Rodríguez Venancio o distintivo que acredita á AVV como entidade colaboradora. Ademais, a asociación veciñal agasallaba a AFAL cunha placa conmemorativa.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar