facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

O blog de FAGAL, unha ferramenta para persoas coidadoras e profesionais

15/2/2017

A Federación Alzhéimer Galicia ven de poñer en marcha O blog de FAGAL, unha nova ferramenta de comunicación que quere ser un punto de encontro para persoas coidadoras e profesionais sociosanitarios relacionados co alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas. Este blog, que vai ser actualizado nos seus inicios de maneira mensual, quere facilitar información de interese sobre esta doenza para aquelas persoas que siguen a nosa actividade e a das nosas asociacións.

Este blog nace cunha doble finalidade. A primeira delas é a de amosar o traballo que día a día se realiza tanto dende a Federación Alzhéimer Galicia como das nosas asociacións, así como difundir información sobre a situación do alzhéimer en Galicia, a través de informes elaborados dende a federación e das investigacións que se están a facer na actualidade neste senso. O segundo obxectivo, e para nós o máis importante, é que o blog quere servir como apoio ó traballo que as persoas coidadoras realizan día a día cos afectados polo alzhéimer. É por iso que esta plataforma difundirá consellos, exercicios e outra información que permita ós coidadores realizar estas tarefas do mellor xeito posible.

Para comezar este blog, dende FAGAL queremos amosarvos o funcionamento dun centro de día xestionado por unha das nosas asociacións, pero neste caso contado en primeira persoa por unha das súas usuarias, Lola. Podes descubrir a súa historia no seguinte enlace: http://fagal.org/blog/dia-centro-de-dia-alzheimer-primeira-parte

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar