facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Boleros, baile tradicional e merendolas para celebrar o Magosto en AFAL Ferrolterra

30/10/2017
  • Os centros de día terapéuticos xestionados pola asociación albergaron as festas, que compartiron maiores, familias e equipo de traballadores.

Cunha ambientación completamente outonal creada a partir dos traballos de manualidades realizados polos maiores que acoden ós centros de día xestionados por AFAL en Ferrol, a asociación celebrou esta semana as súas festas de Magosto. Detalles con follas secas, figuras xigantes de castañas ou árbores de cores, decoraban os centros de día. A primeira festa tivo lugar o xoves, no da Rede Pública de Alzheimer ubicado na antiga Casa do Mar, mentras que onte lle tocaba o turno ó centro de día da asociación, emplazado na rúa Río Castro. En ambos casos, maiores, familias e equipo compartiron a tarde, na que non faltou música, baile, merenda e photocall de outono.

O grupo Los Nostálgicos de Valdoviño ofreceu o seu mellor repertorio de boleros no centro da antiga Casa do Mar, nunha actuación que emocionou, e moito, ós asistentes. Onte pola tarde, os nenos e nenas do grupo de baile tradicional da Asociación Álvaro Cunqueiro de Lago, do mesmo municipio, actuaban na festa de Río Castro. Hai uns meses fixéranno na festa dos Maios do outro centro e, tanto gustaron, que a asociación lles solicitou nesta ocasión a súa colaboración para este centro. Non defraudaron e arrancaron sorrisos e aplausos do público.

Así mesmo, AFAL dispuxo unha merendola a base de castañas e maiores, familias e equipo puideron inmortalizar o momento co photocall de utono.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar