facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Cafe-Concierto Solidario a beneficio da nosa asociación AFAL Ferrolterra

27/6/2019
  • Unha proposta coa que gozar dunha velada cos boleros de Los Nostálgicos e a poesía de Amelia de Querol e colaborar coa asociación AFAL Ferrolterra

O Casino Ferrolano acollerá mañá venres 28 de xuño un Café-Concerto Solidario a beneficio de AFAL Ferrolterra. Unha proposta lúdica coa que, ao mesmo tempo, colaborar coa asociación. Será a partir das oito da tarde e, as persoas interesadas, poden reservar a súa entrada ao prezo de dez euros, nas oficinas de AFAL –rúa Río Castro, 43-45 baixo Ferrol- e/ou no propio Casino.
Ademais, poñeranse á venda neste último emprazamento desde media hora antes do inicio do café-concerto.

No mesmo, tomarán parte, de forma totalmente desinteresada, o grupo Los Nostálgicos, que ofrecerá unha selección cos mellores boleros, aqueles clásicos que forman parte da banda sonora da nosa vida. Xunto a eles, a poetisa Amelia de Querol Orozco, que ofrecerá un sentido recital.

Nesta liña, AFAL anima á cidadanía para sumarse a esta proposta e acompañar á asociación mañá venres, a partir das oito.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar