facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Familiares, coidadores, profesionais e representantes institucionais déronse cita no ‘Café Memoria’ de AFAGA

17/7/2018

A primeira experiencia do Café Memoria de AFAGA en Vigo resultou moi positiva. Unhas 50 persoas entre coidadores, familiares e profesionais déronse cita nun marco moi particular da cidade, Vitrubia Café, que resultou un lugar perfecto para celebrar esta reunión, pola comodidade do espazo e a tranquilidade do local. Desde Braga viñeron a este encontro 30 persoas, entre os que se atopaba Firmino Marqués, vicepresidente de Cámara Municipal de Braga ( tenente alcalde do Concello Braga), que se mostrou moi satisfeito e agradecido pola hospitalidade recibida e bo desenvolvemento que tivo a actividade. Por parte do Concello de Vigo, asistiu Cayetano Rodríguez, concelleiro de Cultura, quen agradeceu moito a organización desta actividade a AFAGA, que cualificou de moi positiva e enriquecedora, e a Firmino Marqués a súa presenza na nosa cidade e nesta iniciativa. Por suposto, tamén tivo palabras de agradecemento para todos os familiares que se desprazaron desde Braga para asistir a este evento e para os socios e familiares de AFAGA que tamén participaron.

Como mostra de agradecemento, Cayetano Rodríguez regalou a Firmino Marqués o libro de ‘ Illas Cíes’ con fotografías de Ricardo Grobas. Ademais das intervencións dos representantes institucionais, de Joana Araújo, responsable do Café Memoria en Braga, e de Juan Carlos Rodríguez, presidente de AFAGA, houbo unha quenda de preguntas para que os asistentes expuxesen dúbidas, preocupacións, etc. para darlles resposta entre os profesionais que estaban presentes.

A segunda parte do encontro consistiu nun obradoiro de relaxación dirixido por Vanessa López, fisioterapeuta de AFAGA, no que ensinou aos asistentes técnicas de estiramentos e relaxación para os momentos que se noten sobrecargados. Tras este taller, chegou o momento do café no que houbo un animado diálogo entre os presentes, que aproveitaron para intercambiar impresións e coñecerse mellor.

Juan Carlos Rodríguez, presidente de AFAGA, amosouse moi satisfeito co desenvolvemento da actividade e a implicación do grupo de Braga, polo que sinalou que espera que se produzan máis actividades deste tipo e que esta relación que está a xurdir entre as asociacións de familiares de enfermos de Alzheimer de Portugal e AFAGA se materialice en bos proxectos para os afectados e as súas familias.

Sobre o ‘Café Memoria’

A Asociación Alzheimer Portugal puxo en marcha esta iniciativa en varias cidades portuguesas, seguindo o modelo que se realiza desde hai varios anos en países como Holanda, Bélxica, Reino Unido,Estados Unidos ou Canadá. Os encontros desenvólvense en sesións estruturadas, non clínicas, nun espazo informal, e o obxectivo principal é contribuír á mellora da calidade de vida e redución do illamento social de persoas afectadas e coidadores. O ‘Café Memoria’ promove a interacción entre persoas con experiencias similares e a participación dos usuarios en actividades lúdicas e terapéuticas.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar