facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

A Cea Solidaria Anual de AFAL Ferrolterra reuniu a máis dun centenar de persoas no Día Mundial do Alzheimer

24/9/2018
  • Todos eles sumáronse á campaña #NonMeEsquecerei.

Coincidindo co Día Mundial do Alzheimer, AFAL Ferrolterra celebrou onte pola noite a súa tradicional Cea Solidaria Anual, que congregou no Spa Sercotel Odeón a máis de 120 amigos e amigas. Todos eles sumáronse á campaña #NonMeEsquecerei facendo bo o que demostran no seu día a día, que non se esquecen e sempre están aí.

Entre os asistentes, acudiron o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela; os deputados provinciais Juan Penabad e Luis Rubido, así como alcaldes e representantes dos municipios das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal como Narón, Marián Ferreiro; Fene, Gumersindo Galego; Valdoviño, Alberto González; Neda, Angel Alvariño; Cabanas, Germán Castrillón, Cedeira, Pablo Moreda, ou Ferrol, Álvaro Montes.

A cea incluíu o tradicional photocall, baixo o lema da campaña deste ano #NonMeEsquecerei, a actuación estelar do grupo Los Zares, que fixo bailar como ninguén aos presentes, o sorteo dunha morea de agasallos ou a homenaxe a Cabanas Rural Asociación de Mulleres, que organiza cada ano en Lavandeira a Tarde Solidaria a beneficio de AFAL.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar