facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

CERMI Galicia inaugura na Xunta de Galicia a exposición fotográfica "CapacitARTE. Así somos, así o facemos" na que participa FAGAL

30/11/2017

O Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo Conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e representantes das entidades pertencentes ó CERMI Galicia, inaugurou onte na Xunta de Galicia a exposición de fotografías "CapacitARTE: Así somos, así o facemos".

Esta exposición, que contén fotografías das entidades do ámbito da discapacidade, pretende ser unha unha mostra que proxecte os valores que transmiten as persoas con discapacidade e as entidades que os representan. O Presidente da Xunta destacou que “O seu traballo é imprescindible para entender a sociedade no seu conxunto, en igualdade, plena de dereitos e de obrigas”.

O acto contou ca presenza do Presidente da Federación Alzhéimer Galicia, Juan Carlos Rodríguez Bernárdez, e a Vicepresidenta, Mª del Carmen Martínez, xa que a federación participa nesta mostra con dúas fotografías que amosan parte do traballo da federación. Así mesmo, as entidades que pertencen ó CERMI Galicia levarán a cabo unha exposición propia nese mesmo espazo durante o ano 2018, co obxectivo de amosar máis en detalle o traballo realizado polas entidades que agrupan e defenden ás persoas con discapacidade física e intelectual e o empoderamento das persoas con discapacidade.

Para rematar o acto, Feijóo concluíu destacando e agradecendo a CERMI Galicia e ás entidades que o conforman a dedicación que poñen cada día para que a sociedade galega siga avanzando no recoñecemento da valía das persoas con discapacidade e na súa integración social.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar