facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Charla informativa de AFAL Ferrolterra sobre alzhéimer este mércores no local da Sociedade “O Loureiro”, en Lavandeira

24/4/2018
  • Impartida polos técnicos de AFAL, dará comezo ás 19 h con entrada libre.

A SCRD O Loureiro e AFAL Ferrolterra organizan este mércores, 25 de abril, unha charla informativa sobre alzhéimer. Celebrarase no local social da entidade cabanesa, ubicado en Lavandeira-Soaserra, e dará comezo ás 19 horas, con entrada libre e de balde.

Na mesma, tomarán a palabra Delfín Feal, da directiva da sociedade; a directora asistencial de AFAL, Noelia Ríos, e o director de administración, José María Otero. Serán eles os que ofrecezan as claves da enfermidade, dende os seus síntomas ata os tratamentos farmacolóxicos e non farmacolóxicos, así como os recursos e servizos que a asociación pon a disposición de persoas afectadas e familias e coidadores.

A charla conta coa colaboración de Cabanas Rural Asociación de Mulleres, moi ligada a AFAL e quen dende hai oito anos adica a súa Tarde Solidaria no municipio á asociación.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar