facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Charla informativa sobre alzhéimer de AFAL Ferrolterra este xoves no local veciñal de Esmelle

25/1/2018
  • Organizada por AFAL e a AVV, dará comezo ás 20 horas con entrada libre.

O local veciñal de Esmelle será escenario hoxe xoves, 25 de xaneiro, dunha charla informativa sobre alzhéimer. Dará comezo ás 20 horas con entrada libre e con ela AFAL inaugura un calendario de ponencias sobre a enfermidade que levará a cabo nos vindeiros meses nos barrios e parroquias de Ferrol grazas á colaboración das asociacións de veciños. Neste caso, AFAL agradece o apoio da AVV Val de Esmelle.

A charla estará impartida pola directora asistencial e terapeuta ocupacional Noelia Ríos e o director de administración, José Otero. Nela abordarán diferentes aspectos do alzheimer e demencias como síntomas, evolución, tratamentos… a continuación, proxectarase un vídeo coa labor que AFAL desenvolve nos seus centros de día, darase conta dos servizos que a asociación ofrece ás familias e, por último, abrirase unha quenda de intervencións para que o público asistente poida expor as súas dúbidas e inquedanzas.

Por último, AFAL invita á cidadanía a tomar parte na charla.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar