facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

AFABER clausura os talleres de memoria que levou a cabo en Ardaña, Carballo, Cabana de Bergantiños e Sisamo.

3/6/2019

Esta semana realizaronse as clausuras dos talleres que AFABER realizou ao longo deste curso 2018-2019:

  • Mércores 29 de Maio: Clausura Asociación veciñal Santa María de Ardaña (Carballo)

A clausura foi o mércores 29 de maio ás 11:00 h. no local social. Á entrega asistiron a presidenta da Asociación de veciños Santa María de Ardaña, Carmen Calvelo, a membro da xunta directiva de AFABER Mª Carmen Suárez e a Terapeuta de AFABER e docente do curso Bea Crespo.

  • Mércores 29 de Maio: Clausura das actividades no pazoda

O mércores día 29 ás 20:30 horas na sede de AFABER na Rúa Camelias 2 Baixo en Carballo tivo lugar o acto de clausura dos diferentes obradoiros. As persoas asistentes a estes obradoiros recolleron os seus certificados de mans do presidente da entidade Jesús M. Villar Antelo e da concelleira de servicios sociais Maica Ures. Os cursos que se clausuraron foron: taller de memoria, iniciación á informática e redes sociais.

  • 30 de Maio: Clausura en Cabana de Bergantiños

A clausura do taller foi o xoves 30 de maio as 18:15 h no centro social de Neaño, no concello de Cabana de Bergantiños. Á entrega asistiron persoal e representantes do concello, a membro da xunta directiva de AFABER, Mª Carmen Suárez, e a terapeuta de AFABER e docente do curso Bea Crespo.

  • 31 de Maio: Clausura na Asociación Santiago Apostol de Sisamo (Carballo)

A clausura do taller foi o venres 31 de maio ás 12:00 h no local social de Sisamo. Á entrega asistiu unha representante da asociación veciñal, da xunta directiva de AFABER e a terapeuta de AFABER e docente do curso Bea Crespo.

Para as persoas interesadas en ampliar información sobre os nosos programas e servizos poden facelo en AFABER, na rúa Camelias, 2 – baixo (en horario de 16:00h. a 20:00h) ou nos teléfonos de costume: 981 758 545 ou no 625 980 691, así como a través do correo afaber@xestion.net

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar