facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

O Concello de Cabanas, en colaboración con AFAL Ferrolterra, organiza en Laraxe a xornada “Envellecendo activamente”

9/11/2017
  • Dirixida ás persoas maiores do municipio, desenvolverase este venres no local social da parroquia, de cinco a seis e media da tarde.

O Concello de Cabanas, en colaboración con AFAL Ferrolterra, organiza este venres, 10 de novembro, a segunda xornada “Envellecendo activamente”. Dirixida ás persoas maiores do municipio, terá lugar no local da SCRD San Mamede de Laraxe, en horario de tarde, de 17 a 18,30 horas e entrada libre e gratuíta, sen necesidade de inscrición previa.

O seu obxectivo é ofrecer ás persoas maiores do municipio pautas e recursos para un envellecemento activo. E, por iso, entre os contidos abordaranse recomendacións sobre autocoidados e alimentación ou as estratexias para manter unha mente activa. Así mesmo, daranse a coñecer diferentes programas enfocados ó colectivo, especialmente os deseñados polo IMSERSO, como os relativos ó termalismo ou medidas de interese como o apoio á xubilación flexible.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar